A Renda Básica de Emancipación chega xa a 124.479 fogares despois de incrementarse nun 97% nos seis primeiros meses de 2009. De feito, entre xaneiro e xuño, 61.313 mozos máis empezaron a cobrar a axuda de 210 euros para
o aluguer.
As mulleres seguen liderando a demanda e o cobramento da Renda Básica de Emancipación, sendo o 56% dos preceptores e os homes o 44% homes.
Distribución das axudas por idade:
- o 63,4%, ten entre 26 Y 29 ANOS
- o 26,3% ten entre 23 Y 25 ANOS
- o 2% ten 22 ANOS (idade mínima)
- o 8,3% ten 30 ANOS (idade límite para poder
cobrar a axuda).
Distribución das axudas por rendas de aluguer pagadas é:
- o 29,6% dos perceptores pagan MENOS DE 400 EUROS
- o 43%, entre 400 Y 600 EUROS
- o 21%, entre 600 Y 800 EUROS
- o 7%, máis de 800 EUROS.
Todas as Comunidades Autónomas incrementaron o número de beneficiarios da Renda Básica de Emancipación. As que máis aumentaron foron: Madrid, Cataluña, e Andalucía
O Ministerio de Vivenda ordenou pagamentos en prestacións aos beneficiarios por un valor de 253,36 M€, dende a entrada en vigor da RBE.
Deste importe 246,36 M€ corresponden ao pagamento de mensualidades e aval, e 7 M€ para pagamentos de préstamos de fianza.
O Ministerio de Vivenda enviou a pasada semana 32.835 mensaxes vía SMS a outros tantos novos con resolución positiva que nestes momentos non
perciben a axuda, no que se lles explica a incidencia concreta que se lles detectou e que impide ordenar o pagamento da súa axuda.
O beneficiario encontrará toda a información necesaria para poder solucionar a incidencia en cuestión na páxina web www.alquilerjoven.es
Maestros
Hace 2 días


0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada