8.8.09

As Xuventudes Socialistas denuncian a política da consellería de educación de “premiar” a discriminación nas aulas


• A medida aprobada onte polo Consello da Xunta de renovar os concertos con centros que segregan a nenos e nenas nas aulas, supón un novo ataque frontal aos principios de igualdade e non discriminación.

• Con esta actitude, a Xunta de Galicia “premia o ensino privado que segrega nenos e nanas nas aulas (que vai a recibir arredor de 3 millóns de euros) sobre o ensino público, no que está a facer recortes de forma sistemática.

• O PP está deste modo a mostrar novamente unha clara intención de recortar orzamentos na educación pública, xa que non dubida en recortar en gasto social no público cando ten oportunidade; e de premiar e financiar o ensino privado, ao que parece non estar afectando moito a política de austeridade da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de Agosto de 2009. As Xuventudes Socialistas de Galicia queren facer pública a súa frontal oposición ao acordo aprobado onte polo Consello da Xunta de volver a financiar centros privados que separan a nenos e nenas nas aulas

Segundo a Secretaria Xeral das XSG, María Torres, “Esta actitude da Xunta de Galicia non pode ser máis que rexeitada por parte da sociedade galega, xa que supón unha actitude favorable á normalización da segregación de sexos nas aulas. Isto é algo totalmente inadmisible, máxime cando estamos a falar de cartos públicos que en lugar de investirse no ensino público, van a parar a centros privados ligados na súa maioría ao Opus Dei”

Deste xeito, afirma, “centros que promoven a educación na que nenos e nenas son tratado de xeito distinto, recibirán arredor duns 3 millóns de euros para desenvolver unha educación que

Segundo Torres Pose, “primeiro foi a lingua, despois a reducción de profesorado no ensino público, agora o financiar ao ensino privado que separa a rapaces e rapazas na escolas… "que será o próximo que nos propoña a Xunta de Galicia, segregar por razón de raza ou ideoloxía? teremos aulas en galego e en castelán e de nenos e de nenas?

Esta decisión do goberno de Núñez Feijoo, en contra da comunidade educativa pon de manifesto a intención de financiamento prioritario do ensino privado, pese a quen lle pese, e custe o que custe. Así o PP está a mostrar novamente unha clara intención de recortar orzamentos na educación pública, xa que non dubida en recortar en gasto social no público cando ten oportunidade; e de premiar e financiar o ensino privado, ao que parece non estar afectando moito a política de austeridade da Xunta de Galicia.

1 comentarios:

psdegapobra dijo...

O Goberno da Xunta ven de botar abaixo, unha vez máis, unha das medidas que en materia educativa adoptou a Xunta de Touriño. Como fixeron coa gratuidade nos libros de texto, o PPdeG acaba de aprobar no Consello da Xunta a inclusión no sistema de concertos a cinco colexios que separan fisicamente ós nenos das nenas.

Xa hai anos que este país intentou deixar atrás a separación de sexos e optouse pola COEDUCACIÓN no ensino público e tamén nunha gran parte dos centros concertados. Sen embargo, seguen a existir vestixios da (in)moral nacional-católica. Sen ir moi lonxe atopámola en centros de ideoloxía moi próxima ao PP, á Igrexa Católica e mais concretamente ó Opus Dei e Ós Lexionarios de Cristo, auténticas sectas relixiosas que “instrúen” na diferenciación de sexos e moi lonxe da igualdade entre homes e mulleres (non podemos utilizar o termo educar)

Feijoo volve a abrir o melón da discordia nunha sociedade que, maioritariamente, aposta por unha educación non sexista e laica. Feijoo aposta por subvencionar ó “opusdeísmo” e ós “lexionarios de Cristo” empregando para elo diñeiro público. Ese mesmo diñeiro que vai saír do recorte nos libros de texto e outras medidas similares.

Xa vemos iso de que co aforro dos libros de texto ían mellorar os comedores, o transporte escolar etc.

As mentiras de Feijoo medran en relación directamente proporcional ós recortes educativos e sociais. Nada novo nin nada inesperado. Para moitos cidadáns, desgraciadamente, a crónica dunha desfeita anunciada.

E por si fora pouco, fomentando a desigualdade de sexos dende a infancia.

O diñeiro público de todos e todas para favorecer a segregación por sexos en cinco centros galegos de familias ricas e acomodadas.

Todo un hito. Que vaia tomando nota España enteira do que se aveciña si deixamos chegar a “Ciudadano Rajoy”


“La separación de sexos en la enseñanza es, precisamente, lo contrario de lo que acontece en la vida cotidiana. En ésta los niños de uno y otro sexo juegan juntos, conviven en familia y se relacionan con naturalidad. ¿Por qué entonces distorsionar de tal modo en la escuela lo que es absolutamente natural fuera de ella? El hacer del otro sexo algo distante y separado en el momento escolar contribuye a proporcionar una visión unilateral y viciada de la vida y de la humanidad ya dificultar la fluidez en el entendimiento entre dos mentalidades históricamente distintas. Además, tal separación es discriminatoria para la mujer y moralmente hipócrita”

(Fundamentos de pedagogía de la Institución Libre de Enseñanza)
http://pobrasocialista.blogspot.com/2009/08/mais-ppdeg-mais-mentiras-menos.html